Autocrítica

Acampada Coruña perdeu o control sobre si mesma cando se fixo impermeable ante as críticas recibidas por xente propia do movemento, que sí soubo ver o camiño que debía de levar o mevemento na cidade da Coruña. Esta ausencia de autocrítica ( ou o que é o mesmo, de xente crítica coas formas, nunca co fondo) que se está a impoñer no eido revolucionario, provoca unha patoloxía no enclave visible do 15M na Coruña, que só será curable cando se aprenda a contar coas opinións contrarias, e non demoniza-las coa simpleza dunha oposición irreflexiva, interesada no seu ombligo, e que só quere que a súa palabra sexa a que impere, aínda cando esta acaba por demostrar co peso que da o tempo, que é a menos axeitada.A realidade coruñesa tomou o camiño natural dos barrios como modo de expresión, e acción.

Carlos Regalado

Traballando para Negreira

Existe a opnión de que facer unha reestructuración seria da Acampada Coruña, a cal consite en converte-la nun punto información permanente sobre o traballo que se fai, e reestructurar os grupos de traballo para darlles maior eficiencia, equivale a traballar para o novo alcalde da cidade. Lonxe de estar no certo, o certo é que o actual formato de acampada libre promulga unha mala imaxe do movemento 15M na cidade, feito que sí apoia aos intereses  do señor Negreira, non tendo que facer moito para que o prestixio do 15M se vexa reducido a cinzas.

Carlos Regalado

O efecto “contrachamada”

É curioso como un movemento que xerou a entrega de xente de toda raza e condición gracias a un efecto chamada imponente, o cal é a indignación en contra do status quo imperante na nosa sociedade, está xerando tal rechazo, en parte promovido por aqueles, que na súa ignorancia, non saben ver que o que non suma, resta.

Non serve de nada prantar a semilla, se logo, cando hai que recoller os froitos, e por falta de rego, non crece máis que mala herba.

Cando os máis capaces para a dirección deste movemento non poden sobresair, afogados pola maioría incapaz, xurde o desconsolo dos primeiros. Este desconsolo, xenera o chamado efecto de contrachamada.

O efecto de contrachamada rompe o equilibrio existente nun grupo de xente heteroxéneo, que sabe autoregularse, e autodirixirse. E cando un grupo non sabe autodirixirse, por falta de xente capaz para esta tarefa, xurde o intento de reequilibrar dito desequilibrio, coa xente que queda, a cal non sabe cómo facelo.

Unha vez chegados a este punto, só queda esperar o batacazo.

Carlos Regalado

A inoperancia como bandeira de orgullo.

Ao pensar na inoperancia que habita no pequeno reducto contrarevolucionario no que se converteu, lastimosamente, a Acampada Coruña, vénseme á cachola a imaxe dun grupo de nenos xogando a tirar dunha liana. Este grupo de nenos estaría formado por dúas faccións, cada vez máis diferenciadas; os que queren unha restructuración seria e profunda do camping gratuíto no que se converteu a zona. E os que queren impoñer unha especie de desidia funcional (seguramente sen sabelo), promovendo un albergue na rúa.

Aceptada esta loita, os días nos que prevalece o número de persoas afíns a un destes puntos de vista, a cousa dirísexe cara ese punto de vista, e se comeza a traballar nese sentido. Pero logo, pasados os días, o número de xente, que fluctúa, dalle a maioría aos defensores da outra tendencia, desfacéndose todo o conseguido.

O problema é a incapacidade de chegar a un consenso que satisfaga os intereses do movemento 15M na praza onde creceu na cidade da Coruña. Xa que o que prevalece é o egoísmo ideolóxico, e a cegueira práctica dun enclave minoritario ao extremo, e que por enriba creese a punta de lanza da revolución.

Carlos Regalado